Noticias
Arquivo de Febreiro 2020
Vitoria burelista ante un correoso e atrevido Cidade das Burgas (4-1)
Ao Pescados Rubén Burela FS custoulle facerse cos tres puntos da xornada 19 no derbi irmandiño (4-1). As Guerreiras medíronse a un Cidade das Burgas correoso e atrevido que lles puxo as cousas difíciles, sobre todo na primeira parte, tomando a iniciativa no marcador. As mariñás conseguiron chegar ao descanso con empate 1-1; co 2-1, no reinicio, o conxunto local gañou en verticalidade para facerse co encontro. As Burgas quixo ser val
1 de febreiro de 2020
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados das nosas Xoias
3 de febreiro de 2020
Duelo amigable co Xapón antes de Copa do Rei
Descanso de liga pero sen tregua sobre a pista. Vista Alegre acollerá mañá, martes 4, un amigable entre o Pescados Rubén Burela FS e a Selección de Xapón, ás 20.30 horas. Será o preámbulo dun desafío máximo con cuartos de Copa do Rei, o mércores 12, na pista do FC Barcelona (Palau, 15.30 horas), co regreso á competición regular xa o sábado 15, coa visita doutro titán, ElPozo Murcia, á comarca da Mariña. O combinado nipón recalará na
3 de febreiro de 2020
Pescados Rubén 2-3 Xapón
O Pescados Rubén Burela FS, cunha nutrida participación das Xoias Laranxas, disputou esta tarde un igualado amigable na parada da Selección de Xapón na Mariña, inmersa no seu stage en Galicia preparando o clasificatorio para o Mundial de Lituania. O combinado de Bruno García venceu pola mínima aos de Juanma Marrube, cun resultado de 2-3 que xa se deu no enfrontamento ante O Parrulo. Minamoto adiantou os xaponeses rozando o ecuador d
4 de febreiro de 2020
Cami: 'O equipo medrou esta tempada. Podemos pelexar por todos os títulos'
A última novidade laranxa é unha Guerreira coñecida. Tras seis meses no seu país por motivos académicos, a brasileira Camila Gadeia Silva (São Paulo, 1990) volverá defender o 8 do Pescados Rubén Burela FS, con máis ganas ca nunca. “O equipo medrou esta tempada, cun cadro máis amplo e completa. Creo que podemos pelexar por todos os títulos. Tiña ganas de volver e chego moi contenta. Quero axudar o equipo e poder volver xogar ben, recuperar a miña
5 de febreiro de 2020
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base para esta semana
6 de febreiro de 2020
Leganés, escollo para a final four da Raíña
Co descanso de liga, as Guerreiras cambian o chip para centrarse esta semana en seguir dando pasos para revalidar en título de Copa de SM A Raíña. O Leganés Masdeporte preséntase como o escollo cara á final four do Pescados Rubén Burela FS este sábado, ás 19.15 horas (La Fortuna), como rival de cuartos. O conxunto de Julio Delgado e Lucas recupera efectivos para a cita, co regreso da máxica Cilene e da pichichi mariñá, Peque. “É unha
6 de febreiro de 2020
Na final four da Raíña, tras vencer pola mínima a Leganés (1-2)
O Pescados Rubén Burela FS gañou esta tarde o pase á final four da Copa de SM A Raíña tras vencer pola mínima ao Leganés Masdeporte (1-2), nunha cita na que as mariñás dispuxeron de inmensidade de ocasións pero non puideron rematar ata a recta final. Poio e Alcorcón fixéronse cos outros dous billetes tras impoñerse a Roldán (1-0) e Futs (3-1) respectivamente. O cuarto protagonista decidirase mañá ás 12.00 en La Granja, Zaragoza-UA. T
8 de febreiro de 2020
Venda anticipada para a visita de ElPozo Murcia (NON SOCI@S)
O Pescados Rubén Burela FS xa ten habilitada a venda anticipada de entradas para a visita de ElPozo Murcia Costa Cálida, correspondente á xornada 21 de Primeira Masculina, o sábado, ás 18.30 horas. Os soci@s terán acceso gratuíto. O resto do público poderá adquirir a súa entrada a través desta
10 de febreiro de 2020
Eto'o, dispoñible para o gran desafío de Copa do Rei no Palau
O Pescados Rubén Burela FS abrirá a semana de dobre competición mañá para o gran desafío de cuartos de Copa do Rei coa visita ao todopoderoso FC Barcelona. A última incorporación laranxa, o pivote brasileiro Lucas Eto’o, estará dispoñible para a cita, que poderá seguirse por Esport3, ás 15.30 horas. “Espero que sexa un bo debut; o equipo non ten nada que perder e moito que gañar”, explicaba Lucas Miguel Pereira da Silva ante o compromiso no Palau
11 de febreiro de 2020
Rozando a xesta copeira
O Pescados Rubén Burela FS despídese da Copa do Rei rozando a xesta en cuartos nun desafío máximo ante o campión, FC Barcelona, e co Palau como escenario. Os pupilos de Juanma Marrube plantaron cara a un dos grandes nunha cita na que houbo de todo, ofrecendo rendemento e fortaleza sen complexos. A Alma Laranxa conseguiu adiantarse no luminoso e aguantou o empate na primeira parte; despois soubo como remar contra corrente remontando un 3-1 ante o
12 de febreiro de 2020
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados da base
13 de febreiro de 2020
Horarios de base
Consulta aquí os próximos compromisos de base
13 de febreiro de 2020
A Alma Laranxa fronte a ElPozo no regreso da Liga
A liga regresa este sábado, con outro compromiso de desafío máximo para o Pescados Rubén Burela FS. Tras rozar onte a proeza en cuartos de Copa do Rei en Barcelona e cun só penalti como escollo insalvable, a Alma Laranxa retomará a liga fronte ao outro titán, ElPozo Murcia Costa Cálida. A Bomboneira vestirá as súas mellores galas o sábado para a xornada 21 de Primeira, a partir das 18.30 horas, para arroupar coma nunca a un equipo humilde que vén
13 de febreiro de 2020
Jorge, Renato e Bruno, a un paso do Nacional con Galicia Sub-19
Tres Xoias Laranxas, Jorge Quelle, Renato Rodrigues e Bruno García, volverán defender as cores de Galicia Sub-19 para pelexar polo título na fase final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará esta fin de semana en Rózalas. FUTGAL. Ligazón
14 de febreiro de 2020
Novo obxectivo, mesmo rival: Leganés
Tan só unha semana despois da clasificación do Pescados Rubén Burela FS para a final four de Copa da Raíña na pista do Leganés Masdeporte, a liga volve conducir as Guerreiras a La Fortuna para disputar este sábado, ás 19.15 horas, a xornada 20. “Foi un partido moi difícil pero serviunos para corrixir erros para a liga e poder regresar cos tres puntos” apuntaba Jane, autora do gol da vitoria da semana pasada (1-2) tras un partido no
14 de febreiro de 2020
Pescados Rubén 1-5 ElPozo
O Pescados Rubén Burela FS non puido facer fronte hoxe á pegada de ElPozo Murcia (1-5). Os pupilos de Juanma Marrube non conseguiron aproveitar uns excelentes primeiros dez minutos e tocoulles sufrir en exceso, con vantaxe de 0-3 ao descanso para os levantinos. Mellorou en defensa o conxunto galego no regreso ao parqué e reduciu distancias no ecuador do segundo acto, pero o 1-4 fixo demasiado dano. Por diante toca outra semana de dobre compromiso
15 de febreiro de 2020
Leganés 2-6 Pescados Rubén
Máis comodidade atopou o Pescados Rubén Burela FS no regreso a La Fortuna desta semana sobre o Leganés Masdeporte, fronte ao que tamén conseguiu o billete para a final de Copa da Raíña o sábado pasado. Tras unha primeira parte máis trabada aínda que con acerto na finalización, as pupilas de Julio Delgado e Lucas conseguiron atoparse co seu xogo, con posesión, dominio e ocasións, e así ampliar a vantaxe de 1-2 ata o 2-6. Resistiuse m
15 de febreiro de 2020
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
17 de febreiro de 2020
Galicia Sub-19, sen premio
O gran traballo de Galicia Sub-19 e das Xoias Laranxas non puido gañar o billete para a loita definitiva polo Campionato de Seleccións Autonómicas disputado esta fin de semana en Las Rozas. A Irmandiña, con Jorge Quelle, Renato Rodrigues -con gol- e Bruno García, caeu na semifinal ante o campión, Madrid (5-3), que se alzou co título con 5-1 sobre Andalucía.
17 de febreiro de 2020
Valdepeñas, para comezar outra semana de dobre compromiso
O Pescados Rubén Burela FS continúa sen tregua o seu camiño nun calendario de máxima esixencia. Tras Copa do Rei e liga ante ElPozo e en menos de sete días, Valdepeñas será a terceira cita para os de Juanma Marrube noutra semana de dobre compromiso, en liga. Mañá o Virgen de la Cabeza acollerá a xornada 20 (aprazada do día 8) a partir das 21.00 horas. Os laranxas terán que pelexar para sacar algo positivo na pista do gran descubrimen
17 de febreiro de 2020
Valdepeñas 4-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido comezar esta segunda semana de dobre esixencia puntuando. A escuadra laranxa, coa retirada de Matamoros nos compases iniciais por molestias nun xemelgo, non puido facer fronte á revelación da tempada, Viña Albali Valdepeñas (4-1), que conseguiu tomar vantaxe no marcador grazas á estratexia cun tanto temperán en cada parte e despois atopar oportunidades fronte ao xogo de cinco dos galegos. Nova oportun
18 de febreiro de 2020
Martes de Entroido, festa de Copa Galicia
O Pescados Rubén Burela FS festexará o Martes de Entroido coas semifinais de Copa Galicia por partida dobre, na casa ante O Parrulo e a domiclio con Viaxes Amarelle. Vista Alegre acollerá o encontro de ida da edición XXIX masculina coa visita dos ferroláns (20.30 horas) e entrada totalmente gratuíta. Pola mañá será a quenda da XIV feminina, co desprazamento á pista coruñesa do Sagrada Familia (12.00 horas). O resto do
19 de febreiro de 2020
O xuvenil, único conxunto das Xoias con axenda para o Entroido
O Pescados Rubén Burela FS será o único equipo das Xoias Laranxa con compromiso sobre a pista este Entroido, con desprazamento o sábado, día 22, á pista de 5Coruña FS (12.00 horas).
20 de febreiro de 2020
A volver puntuar fronte a Peñíscola
O Pescados Rubén Burela FS xa sabe o que é gañar a Servigroup Peñíscola e pelexará ata a extenuación por repetir guión este venres no municipal da localidade valenciana para pechar con boas sensacións esta semana de máxima esixencia e recuperar alento no soño laranxa. A cita da xornada 22 está prevista para as 21.00 horas. Este será o cuarto compromiso para os de Juanma Marrube en tan só dez días, tras o desprazamento de Copa do Rei
20 de febreiro de 2020
O novel Xaloc para celebrar o Entroido en Vista Alegre
As Guerreiras Laranxas reciben mañá o novel Xaloc Alacant en Vista Alegre para celebrar o Entroido coa xornada 21 (18.30 horas). Desde a segunda praza (55 puntos), o Pescados Rubén Burela FS medirase a un rival ao que lle está custando a elite e que pecha a táboa, con 3 puntos. “O equipo ten ganas de callar un bo partido en Vista Alegre. Vimos dunha excelente saída; despois do partido de Copa -un pouco máis escuro-, a semana pasada e
21 de febreiro de 2020
A Alma Laranxa reencóntrase coa vitoria en Peñíscola (2-4)
Merecíano os pupilos de Juanma Marrube e conseguírono. A Alma Laranxa tirou esta noite de cabeza e corazón para suplir o cansazo pola esixencia do calendario e as ausencias, reencontrándose coa vitoria na sólida pista do Servigroup Peñíscola (2-4). Co alento do primeiro triunfo desta segunda volta, por diante toca a terceira semana de dobre compromiso para os galegos, pero en Vista Alegre, coa ida de semifinais de Copa Galicia ante O Par
21 de febreiro de 2020
Pescados Rubén 4-0 Xaloc
Vista Alegre foi testemuña esta tarde dun Pescados Rubén Burela FS que deu un paso adiante en verticalidade, aínda que tamén con certos erros nos últimos metros, ante o novel Xaloc, un rival moi entregado que apelou á intensidade en defensa para mitigar a ofensiva galega, con 4-0 final. Por diante queda unha semana de dobre compromiso a domicilio para as mariñás, coa ida de semifinais de Copa Galicia o martes na Coruña con Viaxes Amarelle FSF (12
22 de febreiro de 2020
Resultados de base
División de Honra Xuvenil 5Coruña FS 4-0 Pescados Rubén Burela FS
24 de febreiro de 2020
Non quedes sen a túa entrada para a visita do Barcelona. Venda anticipada, xa dispoñible
A venda anticipada para o terceiro e último Día do Club da tempada xa está dispoñible. Non quedes sen a túa entrada para a visita do todopoderoso FC Barcelona, que recalará en Vista Alegre este sábado, 29 de febreiro, ás 5.00 pm horas para medirse á Alma Laranxa. Oficina Estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 28, ás 14.00
24 de febreiro de 2020
Arrincan as semifinais irmandiñas na pista do Amarelle
O Pescados Rubén Burela FS comeza a semana coa XIV Copa Galicia como obxectivo. Mañá arrincan as semifinais para as mariñás, coa ida na pista do Viaxes Amarelle FS (12.00 horas, Sagrada Familia). “Será unha cita intensa, temos que marcar o noso ritmo para regresar cun bo resultado para ter a vantaxe na volta” advertía o técnico Julio Delgado tras a vitoria laranxa de 4-0 sobre o Xaloc Alacant, na xornada 21. “Amarelle é un equipo moi
24 de febreiro de 2020
O Parrulo visita a Bomboneira no inicio das semifinais galegas (entrada gratuíta)
O Parrulo FS visitará mañá a Bomboneira na ida de semifinais de XXIX Copa Galicia (20.30 horas, entrada gratuíta). Así, o Pescados Rubén Burela FS inicia a terceira semana de dobre cita sobre o parqué, que se pechará o sábado recibindo o FC Barcelona (Día do Club, 17.00 horas). “O cadro está mentalizado do que supón o calendario nestes meses de febreiro e marzo e con esa premisa o equipo está ben; sabíamos que iamos estar moi satura
24 de febreiro de 2020
Brillo laranxa na pugna pola final galega fronte ao Amarelle (1-10)
As pupilas de Julio Delgado e Lucas non quixeron deixar nada ao azar. O Pescados Rubén Burela FS aliouse á perfección coa intensidade, seriedade e concentración para encamiñar o primeiro envite de semifinais da XIV Copa Galicia esta mañá na pista do líder de Segunda, Viaxes Amarelle FSF, e facer reinar o brillo laranxa goleador ata o 1-10. Vista Alegre acollerá o encontro de volta o 18 de marzo. A final está prevista para o 11 de abril.
25 de febreiro de 2020
Os burelistas encamiñan as semifinais irmandiñas con 5-3 sobre O Parrulo FS
Os pupilos de Juanma Marrube completaron a festa irmandiña do Martes de Entroido dominando en todo momento no marcador e impoñéndose por 5-3 ao Parrulo FS na ida de semifinais da XXIX Copa Galicia, tras o triunfo laranxa feminino desta mañá 1-10 sobre o Viaxes Amarelle. A Malata acollerá o encontro de volta o 18 de marzo ás 20.00 horas. Diego Núñez tentou sorprender moi cedo a M. Kaluza. O meta burelista e Álex Diz aliáronse máis ta
25 de febreiro de 2020
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana
27 de febreiro de 2020
Con boas sensacións para visitar Roldán
Tras o triunfo incontestable en ida de semifinais de XIV Copa Galicia ante Viaxes Amarelle (1-10), o Pescados Rubén Burela FS pechará a semana o sábado coa xornada 22 de Primeira, no longo desprazamento á pista de STV Roldán, no ecuador da táboa. A cita do Gabriel Pérez poderá seguirse en directo a través de 7TV e a web de CRTVG. “Temos que dar continuidade a esta dinámica. Levamos dous partidos moi bos, estamos finalizando mellor, q
27 de febreiro de 2020
Vista Alegre, festa en estado puro, ante o FC Barcelona (sábado 29, 5.00 pm)
Todo está a punto para a festa en estado puro de Vista Alegre, que arrincará mañá ás 5.00 pm ante o todopoderoso FC Barcelona. A Alma Laranxa, con dous triunfos na última semana como pulmón, agarda o segundo clasificado da elite para repetir a xesta que rozou fronte os cataláns en Copa do Rei e co Palau como escenario, hai tan só dúas semanas. “Estamos moi ben animicamente. Encadeamos dúas vitorias, con liga e Copa Galicia, e iso dá
28 de febreiro de 2020
As mariñás empatan en Roldán (2-2)
O Pescados Rubén Burela FS regresa da xornada 22 co primeiro empate a domicilio da tempada na pista do STV Roldán (2-2). As mariñás remaron contra a vantaxe do 1-0 nas proximidades do descanso e remontaron o 2-0 nos últimos catro minutos de xogo avaladas polo xogo de cinco, liderado por Cilene. As pupilas de Julio Delgado, que non puideron contar con Lara -por enfermidade- e con Jenny Lores retirada na primeira rotación por un golpe
29 de febreiro de 2020
Demasiado castigo ante Barcelona (1-6)
Vista Alegre e a Alma Laranxa sufriron esta tarde demasiado castigo ante o potencial do FC Barcelona (1-6). Arrincaron ben os de Juanma Marrube, sendo sólidos e concienciados de como manexar un partido equilibrado e intenso; púxose por diante no electrónico o Pescados Rubén Burela FS, xerou e xerou aínda que foi o titánico rival o que soubo aproveitar para dar a volta con 1-3 ao descanso. No ecuador do segundo e co 1-4, que fixo moito dano, os lo
29 de febreiro de 2020
39 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores