Noticias
Arquivo de Outubro 2019
O diagnóstico de Iago Míguez confirma rotura de ligamentos e meniscos
As probas realizadas onte a Iago Míguez confirman un diagnóstico que lamentablemente afastará o burelista das pistas nos vindeiros meses, con rotura de ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de ambos os meniscos. Os servizos médicos do club programarán o paso polo quirófano do 5 laranxa nas vindeiras semanas; tras a intervención marcarán o protocolo de recuperación e rehabilitación. O xogador viuse obrigado a retira
1 de outubro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados de base
2 de outubro de 2019
Horarios de base, co inicio da Liga Infantil Feminina
Consulta os horarios desta fin de semana. Consulta o calendario da Liga Infantil Feminina
3 de outubro de 2019
Nova emoción irmandiña
O Pescados Rubén Burela FS gozará nesta cuarta xornada de Primeira RFEF da segunda emoción irmandiña da tempada, a primeira a domicilio. Será o sábado, ás 16.30 horas, no feudo do Cidade das Burgas (en directo TVG2). “Os derbis sempre son partidos especiais. Temos moitas ganas de ir a Ourense e sumar tres novos puntos” confesaba a coruñesa Luci, destacando as calidades dun equipo que volve esta tempada á máxima categoría. “É un equi
3 de outubro de 2019
Primeira gran proba ante un dos titáns
O Pescados Rubén Burela FS terá a súa primeira gran proba ante un dos titáns da elite mañá, na xornada 4. Os pupilos de Juanma Marrube visitarán a cancha do Movistar Inter ás 18.30 horas. “Imos moi mentalizados, é un partido moi duro e complicado. Todo o mundo sabe que é un superequipo” adiantaba R. Vargas da lenda verde. Os laranxas recalarán no Jorge Garbajosa logo de estrearse a semana pasada, con empate 1-1 fronte a Levante. Agár
4 de outubro de 2019
O Pescados Rubén cumpre sen erro, con outro triunfo claro (1-5)
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu sen erro na cuarta xornada para manter o pleno, con outro triunfo claro, con 1-5 sobre o Cidade das Burgas. Tras a vantaxe inicial de 0-2 das Guerreiras Laranxas, as ourensás puideron achegarse sobre o descanso. Na segunda parte, co xogo de cinco, as mariñás atoparon no marcador o reflexo merecido ao seu dominio, control e superioridade. Jane estreou o luminoso no minuto 6, ao recoller unha tentati
5 de outubro de 2019
Demasiado castigo para o gran traballo laranxa
O Pescados Rubén Burela FS recibiu un castigo excesivo no marcador para o gran traballo realizado esta tarde na pista do titánico Movistar Inter (7-2). Os de Juanma Marrube souberon repoñerse á rápida iniciativa verde e ata conseguiron chegar con vantaxe de 1-2 ao descanso. A partir da medianía do segundo acto e logo de ocasións en ambas as metas, os de Torrejón de Ardoz conseguiron apropiarse do electrónico. O conxunto de Juanma Ma
5 de outubro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados da fin de semana
7 de outubro de 2019
Polonia reclama a Kaluza para a rolda principal do Mundial FIFA 2020
M. Kaluza volverá defender a Selección Polaca. Tras os amigables do mes de setembro en Visegrad, o meta burelista recibiu un novo chamamento para participar na rolda principal do Mundial FIFA 2020, entre o 21 e o 28 de outubro. O combinado do porteiro laranxa exercerá como anfitrión en Zielona Góra e pelexará por quedar entre os dous mellores clasificados do seu grupo, xunto a Xeorxia, Finlandia e España
8 de outubro de 2019
Vista Alegre súmase ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro
Vista Alegre e o Pescados Rubén Burela sumaranse esta semana ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro, coincidindo coa xornada 5 de Primeira LNFS, o venres 11 (21.00 horas), e RFEF, o sábado 12, (18.30 horas), en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro. Coa proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -o 19 de outubro-, a Bomboneira e a AECC darán a coñecer o labor do servizo da Mariña do colectivo, q
8 de outubro de 2019
Valdetires e a Copa Galicia estrean a axenda semanal das burelistas (mércores 9, 21.00 horas)
As campioas irmandiñas arrancan a súa aventura nunha nova edición da Copa de Galicia mañá, na Bomboneira, ás 21.00 horas. Valdetires Ferrol FSF, de Segunda, será o primeiro obstáculo do Pescados Rubén na fase de grupos, con entrada gratuíta. Esta será a súa primeira cita da semana; Vista Alegre tamén acollerá a xornada 5 de Primeira RFEF, o sábado, coa visita do Leganés Masdeporte (18.30 horas). “Para nós é unha competición especial
8 de outubro de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana
9 de outubro de 2019  |  
Destacada
Primeiro paso en Copa Galicia
O Pescados Rubén cumpriu expediente na estrea da XIV Copa Galicia impoñéndose a un Valdetires Ferrol FSF (9-1), que saltou a Vista Alegre con escasez de efectivos e que ademais tivo que tirar de coraxe e valor fronte ás Guerreiras coa lesión da porteira xa nos primeiros minutos. A pesar diso as ferrolás aguantaron o tipo na primeira parte. Avisou Peque, quedando soa no minuto 4 fronte a Sara e estrelando o esférico contra o pau. No 6
9 de outubro de 2019
A esencia de Vista Alegre, nunha nova busca da primeira vitoria
Na última cita na casa abriuse a cuadrícula e mañá toca dar un paso máis. Vista Alegre acollerá a quinta xornada de Primeira LNFS, de novo como aliado para sacar algo positivo, en nova busca da primeira vitoria da liga para un Pescados Rubén Burela FS que está sendo moi competitivo no seu regreso á elite, aínda que lle pesan en exceso os últimos minutos. A partir das 21.00 horas, Viña Albali Valdepeñas FS será o rival a bater, un equipo que chega
10 de outubro de 2019
Goza coa paixón do Anxo Carro!!! (Sábado 19, CD Lugo-SD Huesca, 18.00 horas)
A Familia Laranxa poderá apoiar o CD Lugo a vindeira semana no Anxo Carro, no seu apaixonante compromiso co terceiro clasificado da Liga SmartBank, SD Huesca, o sábado 19 de outubro (18.00 horas). Se es soci@ do Pescados Rubén Burela FS podes facer a túa reserva ata o xoves 17, ás 14.00 horas (desprazamento en autobús e entrada), na sede do club ou a través de burelafs@burelafs.org//982581815. Se non es abonad@ laranxa,
10 de outubro de 2019  |  
Destacada
A visita do Leganés pecha a fin de semana laranxa
A visita do Leganés Masdeporte pecha unha fin de semana laranxa en Vista Alegre, con dobre cita de Primeira, LNFS e RFEF. As pupilas de Julio Delgado e Lucas, con traxectoria intachable, recibirán o sexto clasificado nesta quinta xornada, mañá, ás 18.30 horas. Para Pescados Rubén Burela FS este será o segundo compromiso da semana logo da vitoria do mércores en fase de grupos de XIV Copa Galicia ante un rival de Segunda División, Val
11 de outubro de 2019
Pescados Rubén Burela 1-4 Viña Albali Valdepeñas
Vista Alegre viviu unha cita moi igualada esta tarde na xornada 5 cun Pescados Rubén Burela FS ao que o lastrou en exceso o xogo de áreas, fronte a un Viña Albali Valdepeñas (1-4) que soubo aproveitar as súas ocasións á perfección. Juanan adiantou os visitantes nos compases iniciais, nun lanzamento afastado que non puido frear o porteiro naronés. Non entraran ben os de Juanma Marrube, pero souberon repoñerse con serenidade e orde. R
11 de outubro de 2019
Pescados Rubén 3-1 Leganés
Aliouse esta tarde o Pescados Rubén Burela FS á intesidade e velocidade de balón para seguir o seu periplo sen erro e sumar tres novos puntos fronte ao Leganés Masdeporte (3-1), na quinta xornada de Primeira RFEF. Vista Alegre presenciou unha gran cita na que as mariñás crearon moito perigo ofensivamente, aínda que faltando un puntiño na finalización, e ofreceron unha gran reacción nas perdas de balón para frear ás madrileñas, que apenas dispuxer
12 de outubro de 2019
18 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores