Noticias
24 de febreiro de 2020
Arrincan as semifinais irmandiñas na pista do Amarelle
O Pescados Rubén Burela FS comeza a semana coa XIV Copa Galicia como obxectivo. Mañá arrincan as semifinais para as mariñás, coa ida na pista do Viaxes Amarelle FS (12.00 horas, Sagrada Familia).

“Será unha cita intensa, temos que marcar o noso ritmo para regresar cun bo resultado para ter a vantaxe na volta” advertía o técnico Julio Delgado tras a vitoria laranxa de 4-0 sobre o Xaloc Alacant, na xornada 21. “Amarelle é un equipo moi completo; está loitando por volver outra vez á elite. É un claro dominador en Segunda e vai poñérnolo moi complicado na súa casa”, advertía o adestrador.

Coruñesas e burelistas medíronse esta tempada en oitavos de Copa da Raíña con resultado favorable para as da Mariña, 0-6.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores

A outra semifinal tamén comezará mañá, na pista pontevedresa, Poio Pescamar FSF-Ourense Envialia (20.00 horas)

O partido de volta está previsto para o 18 de marzo men Vista Alegre. As vencedoras pelexarán polo título o 11 de abril, na final.

Roldán, en liga

As Guerreiras completarán a semana desprazándose á pista do STV Roldán, oitavo na táboa, para disputar o sábado a xornada 22 de liga, a partir das 12.00 hoas, con emisión en directo por 7TV.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores