Noticias
5 de febreiro de 2020
Cami: 'O equipo medrou esta tempada. Podemos pelexar por todos os títulos'
A última novidade laranxa é unha Guerreira coñecida. Tras seis meses no seu país por motivos académicos, a brasileira Camila Gadeia Silva (São Paulo, 1990) volverá defender o 8 do Pescados Rubén Burela FS, con máis ganas ca nunca. “O equipo medrou esta tempada, cun cadro máis amplo e completa. Creo que podemos pelexar por todos os títulos. Tiña ganas de volver e chego moi contenta. Quero axudar o equipo e poder volver xogar ben, recuperar a miña mellor versión, como acabei a tempada pasada, ou ata mellor”, así se mostraba Cami, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego.

A peche traballa para estar ás ordes de Julio Delgado e Lucas: “Pablo, o preparador físico, e David, o fisioterapeuta, estanme axudando para estar ao máximo canto antes. Queda pouco para que poida volver estar á disposición dos adestradores, se así o estiman oportuno”, falaba así a Cami da súa recuperación de nocello tras a disputa e o título da Copa América co Brasil. “Tiven a oportunidade de vivir novas experiencias e seguir aprendendo no meu país durante estes meses co São José e co Brasil”, facía así balance a burelista do seu periplo recente sobre as pistas, lembrando a celebración de Copa de SM A Raíña, pero tamén lamentándose por non poder estar en Burela, para gozar do título de Supercopa de España. “Foi moi emocionante; vivino como afeccionada seguindo o partido pegada ao móbil”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores