Noticias
21 de xaneiro de 2020
Rumbo á final con Galicia Sub-19 e periplo en Serbia con España Sub-17
O xuvenil laranxa Jorge Quelle continúa coa súa aventura de seleccións. Esta tarde disputará o primeiro amigable con España Sub-17 fronte a Serbia, en Zrenjanin (18.00 horas), tan só dous días despois de clasificarse para a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas con Galicia Sub-19, xunto aos tamén burelistas Renato Rodrigues e Bruno García.

As tres Xoias defenderon o combinado irmandiño na fase previa con vitorias ante País Vasco, (4-0), Melilla (8-1) e Estremadura (3-4). O próximo destino será a semifinal, con Madrid, o 15-16 de febreiro en Las Rozas.

INFORMACIÓN DA FASE FINAL (FUTGAL)

Unha semana despois de partir cara a Estremadura coa Galega e despois de completar a concentración coa Vermella co segundo compromiso ante Serbia o mércores (Novi Becêc), Jorge Quelle recuperará a normalidade laranxa.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores