Noticias
20 de xaneiro de 2020
Venda anticipada para a visita do Movistar á Bomboneira (Día do Club)
Comeza a conta atrás para a visita do titánico Movistar Inter. O líder de Primeira, campión de campións, medirase ao Pescados Rubén Burela FS este sábado, ás 18.30 horas, en Vista Alegre, e as entradas xa están á vosa disposición.

A venda anticipada estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 24, ás 14.00 horas.

Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.00 horas e 16.00-19.00) Venres (10.00-14.00)

PREZOS DE SOCI@S

0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 anos: 1 euro
Adult@: 5 euros


PREZOS NON SOCI@S

0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 anos: 10 euros
Adult@: 20 euros


*Os NON soci@s poderán adquirir a súa entrada tamén a través desta
Ligazón , ata o xoves, día 23.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores