Noticias
19 de xaneiro de 2020
Levante 6-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido completar ao grande esta mañá a excelente semana. Na pista de Levante UD FS, a escuadra laranxa non foi capaz de trasladar o carácter, mentalidade gañadora e determinación que a fan forte no mausoleo mariñán. Malia entrar ben e poñerse rapidamente por diante, os de Juanma Marrube foron renunciando aos seus sinais de identidade co paso dos minutos. O 3-1, no reinicio, fixo dano excesivo nas filas galegas e os valencianos aproveitaron para tomar tranquilidade no electrónico ata o 6-1.

Matamoros poñía as cousas de cara, xa no minuto 2, cunha recuperación de Lucho en pista levantina e a pase de Joselito. Os de Diego Ríos aproveitaron tamén una contra para recuperar as táboas, no 14, por mediación de Maxi Rescia, e un rexeite en segunda tentativa, de Cecilio, no 19, para marchar ao tempo de descanso co encontro favorable.

Os laranxas recibiron excesivo castigo, nunha falta de Cuzzolino que recibiu Cecilio e deu na defensa mariñá para subir o 3-1, no regreso. O 2 levantino anotou o 4-1 no 27, aproveitando tras unha rápida chegada o despexe de M. Kaluza. Optaron os do Mariskal por xogo de cinco con dez por diante, pero non conseguiron atopar as debilidades dos locais. Nos últimos minutos, Pedro Toro, nun pase de Prieto e tras superar a Lucho, e Pedro, a porta baleira, completaron o definitivo 6-1.

Ficha técnica

Levante UD FS: Prieto, Márquez, Gallo, Cecilio, Pedro Toro, cinco inicial; tamén xogaron Rubi Lemos, Jorge Santos, Cuzzolino, Sena, Maxi Rescia Pedro

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Joselito, Lucho, Matamoros, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Pitero, Xande, Pope, Pixote, Álex Diz

Goles: 0-1, minuto 2, Matamoros; 1-1, minuto 14, Maxi Rescia; 2-1, minuto 19, Cecilio; 3-1, minuto 21, Cecilio; 4-1, minuto 27, Cecilio; 5-1, minuto 36, Pedro Toro; 6-1, minuto 38, Pedro

Árbitros: Del Pozo García // Moreno Durán. Por Levante amarela Pedro Toro (minuto 5), Márquez (minuto 23). Por Burela amarela a Renato (minuto 6), Matamoros (minuto 38).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Primeira División disputado no municipal de Paterna.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores