Noticias
11 de decembro de 2019
Vista Alegre e A Mariña vibran cun emocionante España-Xapón
Vista Alegre e A Mariña vibraron hoxe no histórico e emocionante duelo entre a Selección Española de Fútbol Sala Feminino e Xapón. As máis de 800 almas que animaron desde a Bancada Laranxa, ao ritmo das gaitas de Dambara, gozaron dun amigable máis igualado no marcador con 4-2 final, tras o envite de onte en Marín (8-0).

A burelista Ana Romero foi a encargada de defender a rede vermella neste segundo compromiso no que Peque, Jenny Lores e Luci tamén puideron deleitarse ante o público da Bomboneira, con brillo goleador incluído da 7, en asistencia, e da 21 das Guerreiras abrindo o luminoso.

CRÓNICA RFEF. Ligazón

VÍDEO RESUMO. Ligazón



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores