Noticias
22 de novembro de 2019
Autos Llano e Pescados Rubén presentan a nova imaxe do Bus Laranxa
Autos Llano e o Pescados Rubén Burela FS presentaron esta mañá a nova imaxe do Bus Laranxa, na praza do Concello da localidade mariñá. Xunto ao presidente, Manuel Blanco, e ao xerente da empresa vilalbesa, Fernando Llano, participaron no acto directiva e os equipos sénior ao completo de Primeira División.

Xogadoras, xogadores, corpos técnicos e dirixentes da Familia Laranxa, así como o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, e a concelleira de Igualdad, Noelia Ben, descubriron o exterior e interior do novo autocar que cruzará toda España para facer máis levadeiros os centos e ata miles de quilómetros que ambas as escuadras teñen que percorrer na elite.

Ademais do apoio institucional con Xunta de Galicia, Deporte Galego-ABanca, Deputación de Lugo e Concello de Burela, e do principal patrocinador, Pescados Rubén coa marca Rubén 1964, no confortable e moderno Bus Laranxa tamén teñen presenza as empresas colaboradoras da entidade Joma, Halcón Viajes, Mejuto, Galitec e Serviplus.

Mañá, o novo Bus Laranxa xa estreará look, a cargo da empresa RM Deseño e Imaxe de Vilalba, no desprazamento a terras catalás da xornada 11 de Primeira Feminina, coa pista do Penya Esplugues como destino.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores