Noticias
15 de novembro de 2019
Vista Alegre ata 1 punto
O duelo directo de Vista Alegre sáldase cun empate 2-2, nun gran partido dos de Juanma Marrube, no que foron fieis ao plan de traballo e conseguiron romper a zona do Fútbol Emotion Zaragoza cun xogo práctico. O Pescados Rubén Burela foi superior na primeira parte e conseguiu a iniciativa no marcador, aínda que o 1-0 soubo a pouco ante un Iván B. que mantivo aos maños no partido. Tras o descanso, os mariñáns perderon a conexión e os visitantes aproveitaron para poñerse por diante de estratexia. Mereceron máis os galegos, que recuperaron táboas e tiveron que pelexar contra unha recta final de infarto e de gran polémica, con necesidade de puntos en ambas as filas.

Comezou avisando Matamoros nos primeiros compases, cazou o rexeite Álex Diz, pero foise demasiado alto. Antes de cumprir o catro de xogo, Mata volveu poñer en apertos ao meta aragonés. A primeira visitante, protagonizouna no 5 Pedro Cary cun gran despexe de Pope. Intentouno cun mísil Renato, no 7, pero puido frealo Iván B. coas mans. A piques de chegar ao ecuador, Joselito serviulla en bandexa a Everton pero o brasileiro petou co gardameta. Ese, sen dúbida, tería que ser a estrea do marcador. Con nove minutos e medio da primeira parte aínda por diante, chegou o lastre das faltas para o combinado de Juanma Marrube. Villanueva tenteou, nun centro, a rede burelista sen éxito, e foi entón cando comezou a avalancha con ata tres ocasiones do 10 laranxa nun minuto brillante, no 13. Estaba facendo moitos méritos o Pescados Rubén para poñerse por diante, pero chegou a concesión excesiva para os maños no 15, en forma de dobre penalti; inconmesurable, Edu plantouse ante Víctor Tejel para freala sen contemplacións. A Bomboneira por fin estalou para celebrar o primeiro, no 16, nas zapatillas de Juanfran; o murciano iniciou unha contra, apoiándose en Álex Diz, para sentenciar o 1-0. A dous para o descanso, Mata e Álex Diz pelexáronse ata a extenuación nas proximidades zaragozanas, pero non puido chegar o segundo. Richi, nun disparo cruzado, e Retamar, ante Edu, intentaron devolver as táboas nos últimos compases.

Non saíu ben o Pescados Rubén e custoulle caro, con sete minutos nos que o grupo renunciou ao plan de partido. O primeiro en intentalo á volta foi o Zaragoza, con Matamoros como salvavidas. Edu tamén estivo moi atento nun disparo afastado de Villanueva, no 24. Segundos despois, os de Arturo Santamaría non desaproveitaron a súa grande oportunidade nunha cesión dos burelistas; Richi, pegado ao pau, culminou a falta desde o bordo da área para subir o 1-1. A balón parado conseguiu de novo recompensa o equipo visitante, no 28, aproveitando o rexeite Tabuenca. Everton e Pitero avisaron no 31, pero foi o mísil de Renato, no 33, o que puido devolver o empate, que non puido recuperar Álex Diz no despexe de Iván. E por fin, nova festa laranxa; no 34, o lugués selou o 2-2, cun balón de Matamoros, que tocou na defensa maña antes de superar a liña. Pope e Pitero puxeron en pé á bancda en senllos contragolpes; Joselito recibiu unha gran saída mariñá; estábao merecendo o Pescados Rubén e chegou a expulsión de Matamoros, pola segunda amarela, por unha man moi discutida entre a Bancada Laranxa. Restaban 25 segundos e o partido perigaba para os da Mariña con outro dobre penalti; con todo aí estaba Edu para salvagardar os intereses locais. O son da bucina asolagou Vista Alegre coa última opción dos Laranxas, de Renato, e tras a expulsión de Víctor Tejel.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Joselito, Lucho, Matamoros, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Renato, Pope, Juanfran, Pitero, Everton

Fútbol Emotion Zaragoza FS: Iván B., Villanueva, Víctor T., Retamar, Adrián Ortego, cinco inicial; tamén xogaron Pedro Cary, Alí, Javi Alonso, Richi, Tabuenca

Goles: 1-0, minuto 16, Juanfran; 1-1, minuto 24, Richi; 1-2, minuto 28, Tabuenca; 2-2, minuto 34, Álex Diz

Árbitros: Gallo Suárez // Martínez Torres. Por Burela amarela a Matamoros (minuto 39 e 40). Por Zaragoza, amarela a Víctor T. (minuto 8 e 40), Pedro Cary (minuto 27), Villanueva (minuto 37), Richi (minuto 37)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Primeira LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela ante uns 900 espectadores, coa presenza do vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez, e o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, ademais do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, entre outras autoridades.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores