Noticias
28 de outubro de 2019
DESTACADA
Burela acollerá á Selección Española Feminina contra O Xapón (mércores 11 de decembro)
O combinado nacional que dirixe Clàudia Pons xa ten pechados dous novos compromisos internacionais. A Selección Española Feminina de Fútbol Sala xogará contra O Xapón en terras galegas, en Marín e Burela.

Ambos os partidos amigables fixáronse para o 10 e o 11 de decembro. O primeiro deles terá lugar no pavillón A Raña da localidade pontevedresa de Marín. Xa o mércores o duelo hispano-nipón trasladarase ata a provincia de Lugo. A pista de Vista Alegre, en Burela, acollerá o segundo dos enfrontamentos.

As actuais campioas de Europa enfrontáronse á selección xaponesa en varias ocasións. A última vez que ambos os equipos se cruzaron na pista foi hai catro anos no Torneo Mundial de Guatemala. Aquel 25 de novembro de 2015, España conseguiu impoñerse ás asiáticas 5-2.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores