Noticias
3 de outubro de 2019
Nova emoción irmandiña
O Pescados Rubén Burela FS gozará nesta cuarta xornada de Primeira RFEF da segunda emoción irmandiña da tempada, a primeira a domicilio. Será o sábado, ás 16.30 horas, no feudo do Cidade das Burgas (en directo TVG2).

“Os derbis sempre son partidos especiais. Temos moitas ganas de ir a Ourense e sumar tres novos puntos” confesaba a coruñesa Luci, destacando as calidades dun equipo que volve esta tempada á máxima categoría. “É un equipo moi competitivo. A súa principal virtude é o xogo en longo e cunha porteira peculiar, que pode sorprender con goles” advertía a 19 laranxa, facendo fincapé na motivación das de Manolo Codeso por conseguir os seus primeiros puntos nos Remedios, despois de arrancar ben na pista doutro dos noveis, Xaloc Alacant (1-2) e caer nestas dúas últimas semanas ante Roldán (1-3) e Zaragoza (5-3).

A pesar das ausencias de tres compañeiras polos compromisos amigables entre España e Portugal en Huelva, o guión mariñán non cambiou: “A semana está sendo igual; nótase polo número de xogadoras, pero non polas ganas nin pola intensidade dos adestramentos. Mantense a liña de traballo para preparar o partido con todas as garantías” explicaba Luci, incidindo na afán de superación constante das Guerreiras neste inicio de pleno: “Julio sempre nos esixe moito, é difícil que saia totalmente contento dun partido e nós sabemos que temos que dar sempre o máximo nivel. É certo que ata agora en liga nos custa manter o mesmo ritmo os 40 minutos, ben por falta de concentración ben por abrir a vantaxe moi axiña, pero pouco a pouco conseguiremos melloralo”, así se amosaba Luci, disposta a “traballar para seguir mellorando. Estou nunha boa liña, medrando como xogadora, e con moitas ganas seguir así”.

O conxunto completará os adestramentos mañá pola mañá en Marzán.

Regreso das internacionais

Peque e Jenny Lores incorporaranse esta tarde á dinámica laranxa e Jenny Rodrigues farao mañá. O novo cara a cara entre burelisas internacionais arrancou con vitoria 1-0 para a Vermella o martes e igualada 2-2 o mércores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores