Noticias
1 de outubro de 2019
O diagnóstico de Iago Míguez confirma rotura de ligamentos e meniscos
As probas realizadas onte a Iago Míguez confirman un diagnóstico que lamentablemente afastará o burelista das pistas nos vindeiros meses, con rotura de ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de ambos os meniscos. Os servizos médicos do club programarán o paso polo quirófano do 5 laranxa nas vindeiras semanas; tras a intervención marcarán o protocolo de recuperación e rehabilitación.

O xogador viuse obrigado a retirarse do parqué de Vista Alegre o sábado pasado ante o Levante UD FS, no minuto 15, por un gran choque no seu xeonllo dereito nunha saída do meta visitante.

Moito ánimo, Iago!!! Es o noso fillo pródigo. A Familia Laranxa e Burela enteira están contigo!!!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores