Noticias
20 de setembro de 2019
A orde do Móstoles, escollo burelista no primeiro desprazamento
As Guerreiras Laranxas terán que loitar contra a orde do Móstoles FSF na segunda xornada de Primeira RFEF, prevista para mañá ás 18.30 horas (Villafontana). “Móstoles é sempre un rival difícil na súa pista, pero nós chegamos con ganas de seguir sumando e de mellorar porque na xornada pasada houbo fases do partido que non soubemos controlar” explicaba Peque, tras o derbi galego inaugural fronte a Poio Pescamar FSF con 4-1 para o Pescados Rubén Rubén Burela FS.

“Medirémonos a un equipo moi ordenado, como é habitual, cunha xefa de orquestra como é Patri Chamorro que sempre saca o mellor das súas compañeiras e desexando ver a Shiori” analizaba a laranxa, demostrando o seu grande afecto pola xogadora xaponesa con pasado burelista. “Móstoles vén de sacar un bo empate, nunha cancha difícil e cun horario pouco habitual” destacaba a 7 mariñá do 4-4 da xornada inaugural do rival ante Zaragoza, nun inicio de liga que promete moito.

A autoesixencia de Peque só permite seguir mellorando. “Aínda que non nos saíron ben as cousas a semana pasada, sacamos o partido adiante con traballo, como sempre facemos. Somos un grupo moi forte, empezamos a tempada co máis esixente, fronte a Futsi en Supercopa, e non podemos conformarnos; temos que seguir traballando e afianzando o grupo”, concluía.


Convocatoria Pescados Rubén FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores

Peque e Jenny Lores, con España

Para ledicia da Familia Laranxa, esta mañá a RFEF publicou a lista da Selección Española para os amigables que enfrontarán a Vermella con Portugal en Huelva, entre o 29 de setembro e o 3 de outubro. Entre as convocadas volverá estar Peque e estréase a pontevedresa Jenny Lores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores