Noticias
17 de setembro de 2019
A Deputación tamén loa os éxitos laranxas
As últimas xestas do Pescados Rubén Burela FS tamén foron aplaudidas na Deputación de Lugo, despois dos actos do Concello de Burela e do CD Lugo dos últimos días. O Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a recepción oficial ás Guerreiras Laranxas en recoñecemento aos recentes títulos de Supercopa de España e 4Nations Futsal de Milán.

Xunto ao presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego, o equipo mariñán foi recibido polo presidente da Deputación, José Tomé, ademais do responsable de Deportes, Efrén Castro, e o de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; o acto tamén contou coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores