Noticias
10 de setembro de 2019
A clínica Maas+Saúde coida do fútbol sala laranxa
A clínica focega Maas+Saúde, dirixida por Marta Saa Fernández, recibiu hai uns días, na preparación á elite LNFS, os xogadores do Pescados Rubén Burela FS na súa posta a punto de cara ao inicio ligueiro. O cardiólogo Fernando Rebollal-Leal, formado en Galicia e Nova York, supervisou a saúde das caras novas laranxas, Everton, Álex Diz, Amoedo e M. Kaluza, xunto a Joselito.

A vindeira semana serán as novas incorporacións de Primeira RFEF as que visiten a clínica para a súa avaliación médica por parte do especialista.

O centro sito na rúa Álvaro Cunqueiro, número 54, baixo, cumprirá en novembro o seu segundo aniversario ofrecendo unha ampla cobertura médica cos mellores profesionais, con máis de dez especialidades:Acupuntura , a cargo de Mauro Mourín González; Anxioloxía e Cirurxía Vascular, con Antonio Barreiro Mouro e Javier Barreiro Veiguela; Enfermería e Nutrición, con Marta Saa Fernández, máster en Obesidade; Fisioterapia e Osteopatía, a cargo de Miguel Losada Rodríguez; Medicina Xeral, supervisada por Katty González González, con servizo de Psicotécnico de mañá e tarde; Medicina Interna, con Javier Porteiro Sánchez; Neuropsicoloxía, con Marta Fernández Meiriño, con avaliación e rehabilitación cognitiva en pacientes con ictus, demencias, Parkinson... e talleres de memoria; Neuroloxía, con Vanesa Fraga Vilanova; Podoloxía, con Lucía González López e Álvaro Martínez Casás; Psicoloxía Clínica, con Ana Abad López; un dos máis demandados e pouco coñecido, Xeriatría, con Laureano Negrón Blanco; Medicina Estética, a cargo do experimentado George Beridze, que achega solucións médicas, sen cirurxía, a problemas estéticos (toxina botulínica, corrección de olleiras, corrección engurras, factores de crecemento, etc.); no centro contan cun equipo de láser de depilación diodo de alta potencia pioneiro no mercado; ademais de Punto de Extracción e Análises Clínicas. Entre os seus servizos máis recentes, Maas+Saúde conta co doutor Luis Coira Nieto, como especialista en Medicina do Traballo, con valoración de incapacidades, danos corporais e secuelas de accidentes.

Poden atopar toda a información en www.maassaude.com
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores