Noticias
9 de setembro de 2019
O banco supercampión de España
O supercampión de España estreará a liga de Primeira RFEF este sábado ao grande ante o Poio Pescamar FSF (16.15 horas, TVG2), apostando por conservar non só a fortaleza do bloque de xogadoras senón tamén do corpo técnico-médico.

Xunto ao técnico Julio Delgado, continúa á fronte do vestuario tamén Iván Cao, Lucas, ademais de Emma Losada, como delegada, Fran Paz, como adestrador de porteiras, e o preparador físico Pablo Díaz. Como novidade incorpórase o fisioterapeuta Tulio García, que contará co apoio de Xurxo Rodríguez, ademais dun dos nosos fieis colaboradores, L2 Fisioterapia. A saúde das Raíñas Laranxas seguirá estando supervisada polo médico Javier Couce e o podólogo Miguel Murias, coa axuda da nutricionista Alba Vila, que coidará unha tempada máis da alimentación da escuadra.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores