Noticias
30 de agosto de 2019
Os laranxas golean a Begonte (2-11) e mediranse xa ao Ribeira en oitavos, o sábado
Os laranxas golearon onte ao Begonte FS (2-11), de Preferente, na primeira eliminatoria de XXIX Copa Galicia e mediranse xa en oitavos o sábado ao Ribeira FS, de Segunda B, que tamén se impuxo a Prone, nos penaltis (1-1). O municipal de Lugo acollerá a cita mañá ás 18.00 horas.

“Foi un moi bo test de adestramento ante un rival que quixo expoñer e xogar. Puxemos en práctica moitas cousas que levabamos preparadas; ese era o obxectivo do partido” explicaba o técnico mariñán, Juanma Marrube, que espera para a seguinte rolda “un encontro diferente ao de onte, pola superficie da pista, ante un equipo dinámico e moi ben traballado que acaba de ascender e co que nas últimas tempadas sempre nos medimos nalgún amigable”.


Ficha técnica:

Begonte FS: Ansede, Villegas, Brais, Jove, Jorge, cinco inicial; tamén xogaron Sergio, Borja, Freire, David, Astray, Fran, Xico

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Renato, Everton, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, R. Vargas, Matamoros, Juanfran, Amoedo, M. Kaluza

Goles: 0-1, minuto 5, Juanfran; 0-2, minuto 5, Matamoros; 0-3, minuto 8, Renato; 0-4, minuto 16, Renato; 0-5, minuto 21, Renato; 0-6, minuto 21, Amoedo; 1-6, minuto 22, Borja; 1-7, minuto 26, Everton; 1-8, minuto 31, R. Vargas; 1-9, minuto 34, R. Vargas; 1-10, minuto 35, Everton; 1-11, minuto 37, Juanfran; 1-12, minuto 38, Ansede
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores