Noticias
28 de agosto de 2019
Semana de Copa Galicia, con Begonte como primeiro obstáculo
O Pescados Rubén Burela FS iniciará o seu periplo en XXIX Copa Galicia mañá na pista de Begonte FS, de Preferente, ás 21.00 horas. “Para nós esta competición sempre é un obxectivo claro. Será complicado, porque neste tipo de partidos a motivación é un dos grandes puntos a favor dos equipos máis modestos. Con todo, estando ao noso nivel as opcións de superar a eliminatoria será moi altas” explicaba Luis López, Lucho.

“Nós sempre encaramos os partidos coa mesma mentalidade, poñendo en práctica o traballo da semana e demostrándoo en todo momento na pista” explicaba o 4 laranxa, satisfeito coa evolución do equipo neste mes de pretempada: “Melloramos moito desde o primeiro amigable. Puidemos presentarnos ante a nosa afección no Burela Bonita; as sensacións foron moi boas, sobre todo en facetas defensivas aínda que tamén cometemos erros, determinadas perdas na zona de inicio de xogo, que rivais da entidade de Palma ou O Parrulo aproveitan á perfección. Temos que ser un equipo máis maduro sobre todo na saída de balón. Cando empece a liga estaremos preparados para ser máis competitivos” valoraba así o novo proxecto 2019-20, unhas das referencias en experiencia e veteranía no cadro laranxa.

“Persoalmente esta é unha das etapas máis ilusionantes da miña traxectoria. Puiden disfrutar por primeira vez do ascenso a Primeira e poderei vivir a experiencia deste novo reto co gran bloque que formamos o ano pasado. Cada día temos máis confianza; queremos que a afección se ilusione connosco neste novo camiño que poderemos superar con traballo” concluía o peche corgués no comezo da súa segunda tempada de laranxa.


Oitavos, o sábado

En caso de saír vitoriosos, os pupilos de Juanma Marrube mediranse en oitavos o sábado, xa, en Lugo ante o gañador entre Prone e Ribeira FS, que tamén se enfrontan mañá, ás 21.15 horas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores