Noticias
23 de agosto de 2019
Apertura do Burela Bonita, sen botín laranxa
O Pescados Rubén Burela FS aplicou toda a súa aptitude e determinación no debut do Torneo Burela Bonita en Vista Alegre, aínda que a entidade do Palma Futsal (0-7) pesou en exceso para os laranxas, que pelexaron por tutear a un rival que soubo como beneficiarse dos erros mariñáns e aproveitarse da finalización para distanciarse no electrónico.

Diego Nunes abriu o marcador no minuto 3, logo dun par chegadas dos insulares con moito perigo que liquidara Edu. C. Barrón tivo que sacar aos poucos segundos un pé prodixioso ante Lucho e Mata, no 6, tampouco puido sorprender por arriba. Os de Juanma Marrube non puideron frear o 0-2, de Ximbinha, dando media volta tras recibir na área antes de chegar ao ecuador. Ampliaron Diego Nunes, no 13, en disparo cruzado tras unha gran chegada pola banda, e Raúl Campos, no 14, en segunda xogada. Antes do ecuador, Eloy Rojas, en recuperación, gañou a partida a Álex Diz dentro da área laranxa.

Na segunda parte, os de Juanma Marrube tiveron a madurez suficiente para repoñerse e corrixir certos erros que condicionaron o resultado ao descanso pero os insulares conseguiron reafirmarse no triunfo con dous tantos máis. Everton e Matamoros na recta final fixeron vibrar á Bancada Laranxa, con ganas de celebrar un gol burelista, aínda que non houbo sorte.

Duelo Xuvenil

As Xoias xuvenís abriron a posta de gala laranxa, con marcador favorable tamén para os insulares (0-5).


O Parrulo FS, o sábado, e xornada solidaria, o domingo


Mañá entrará en escena O Parrulo FS para medirse ao Palma, ás 17.30 horas para xuvenil e 20.30 en sénior. Os anfitrións volverán ao parqué o domingo para medirse, nos mesmos horarios, aos ferrroláns, na xornada solidaria do Burela Bonita, cuxa taquilla se repartirá entre a Asociación Española contra o Cancro, Asociación Esperanza de Burela e ANPA Ceip Vista Alegre.

Prezos


Menores de 18 anos: Gratuíto
Entrada diaria: 5 euros/adult@
Abono adult@ (3 días): 10 euros

*Acceso GRATUÍTO a partidos de categoría xuvenil


Ficha técnica


Pescados Rubén Burela FS: Edu, Joselito, Lucho, Luisma, R. Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Renato, Everton, Matamoros, Amoedo, Juanfran, Álex Diz, M. Kaluza

Palma Futsal: C. Barrón, Lolo, Catela, Raúl Campos, Diego Nunes, D. Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Mati Rosa, Rafa López, Hamza, Joao, Ximbinha, Eloy Rojas, Tomaz, Nico Sarmiento

Goles: 0-1, minuto 3, Diego Nunes; 0-2, minuto 10, Ximbinha; 0-3, minuto 13, Diego Nunes; 0-4, minuto 14, Raúl Campos; 0-5, minuto 19, Eloy Rojas; 0-6, minuto 33, Diego Nunes; 0-7, minuto 37, Amoedo (p.p.)

Árbitros: Carreira Romero // Amor Vizoso.

Incidencias: Primeira xornada do Torneo Burela Bonita 2019, que contou coa presenza do seleccionador nacional, Fede Vidal, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, entre outros.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores