Noticias
23 de agosto de 2019
Estrea contundente en Villaviciosa
O Pescados Rubén Burela FS estreou o Memorial José Huerta-Pablo Cortina de Villaviciosa cun contundente 10-1 esta tarde sobre o Bilbo FS, recentemente ascendido a Primeira RFEF.

As Guerreiras encamiñaron á perfección o encontro en Asturias abrindo xa a fenda de 6-0 ao descanso e con diversidade goleadora, ampliando ata do 10, con Peque, Cris e Jenny, ademais de Luci, por partida dobre, e Jane, con hattrick. O Bilbo conseguiu inaugurou o marcador a 45 segundos da bucina final.

Bea Mateos finalmente non puido entrar na convocatoria da segunda cita de pretempada, por molestias nun xeonllo.


Mañá, con Rodiles

As mariñás pecharán o Memorial mañá ás 18.30 horas enfrontándose ao anfitrión, Rodiles FSF, de Segunda División.


Ficha técnica


Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Peque, Jane, Lara Balseiro, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Dany, Cris, Jenny Lores, Jenny, Luci, Ana Romero

Bilbo CFS: Jone, Garbi, Esti, Pitxi, Dei, cinco inicial; tamén xogaron Andre, Jess, Almu, Elen, Isa

Goles: 1-0, minuto 3, Peque; 2-0, minuto 6, Almu (p.p.); 3-0, minuto 8, Luci; 4-0, minuto 11, Jane; 5-0, minuto 19, Esti (p.p.); 6-0, minuto 20, Jane; 7-0, minuto 29, Luci; 8-0, minuto 32, Cris; 9-0, minuto 35, Jenny; 10-0, minuto 37, Jane; 10-1, minuto 40, Pitxi.

Árbitros: Muños García // Rodríguez Castro

Incidencias: Partido inaugural do Memorial José Huerta-Pablo Cortina de Villaviciosa
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores