Noticias
12 de xullo de 2019
Imanol non continuará na Mariña
Imanol Chávez Darias non continuará na Mariña a próxima tempada. O meta, de 25 anos, e o Pescados Rubén Burela FS chegaron a un acordo para a baixa do canario nas filas laranxas.

O porteiro de La Gomera chegou ao conxunto de Juanma Marrube a tempada pasada, procedente do Jaén Paraíso Interior de Primeira, para compartir responsabilidades con Edu.

Desde o club agradecémoslle o seu compromiso co proxecto e o bloque para conseguir o ansiado ascenso e desexámoslle sorte nas súas novas metas.

Coa baixa de Imanol, en principio, finalizan os movementos do novo Pescados Rubén Burela FS para 2019-20. Xunto aos contratos en vigor de Matamoros, Iago Míguez, Lucho, Renato e Pitero, renovaron a súa dedicación laranxa Pope, Luisma, Joselito, Juanfran, Edu e Vargas. Completarán o bloque as chegadas dos alas Álex Diz e Everton, o pivote Amoedo e o gardameta Kaluza.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores