Noticias
12 de xullo de 2019
Terceiro exercicio de laranxa para a internacional lusa Jenny
A internacional lusa Jennifer Santos Rodrigues cumprirá o seu terceiro exercicio de laranxa, na aposta do Pescados Rubén Burela FS por conservar a filosofía e o bloque das Raíñas.

Jenny incorporouse á escuadra mariñá como reforzo en marzo de 2018 desde o Pescara italiano, integrándose á perfección ao bloque e á liga española. Na tempada pasada, a 9 burelista compatibilizou a elástica laranxa cos seus compromisos coa Selección Portuguesa, coa que alzou o título de subcampioa da Eurocopa e campioa do Torneo 9 de Maio de Moscova.

A ala lusa, de 26 anos, convértese na undécima peza deste gran vestiario, con Peque, Dany, Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Luci, Jozi e Lara Balseiro, ademais de Ale de Paz e Jenny Lores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores