Noticias
3 de xullo de 2019
O internacional polaco Michal Kaluza, novidade baixo os paus laranxas
O Pescados Rubén Burela FS contará con outro reforzo no seu regreso a Primeira LNFS, o porteiro internacional polaco Michal Marek Kaluza. A entidade laranxa agradece ao Rekord Bielsko-Biała, club referencia no seu país no que medrou e do que procede o meta, todas as facilidades mostradas para a incorporación do novo mariñán.

Recoñecido como un dos mellores porteiros do mundo nos Futsal Umbro Awards en 2018 -na novena praza-, Kaluza, que cumprirá 21 anos este mes, será a cuarta cara nova nas filas burelistas xunto aos alas Álex Diz, desde Osasuna Magna, e Everton, desde Santiago Futsal, ademais do pivote Amoedo, que chega do Meta Catania italiano.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores