Noticias
1 de xullo de 2019
O pivote Jacobo Amoedo, reforzo laranxa
Jacobo Amoedo Lorenzo formará parte do Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada. Aos seus 26 anos, o pivote galego regresa ao fútbol sala español, sendo a súa primeira experiencia en Primeira LNFS, logo de tres exercicios en Italia.

Axed Groupo Latina, da Serie A, foi o destindo do xogador zurdo de Pazos de Borbén en 2016-17 desde o Bembrive de Segunda B. En 2017 ascendeu á Serie A1, onde militou con Meta Catania nas dúas últimas campañas, equipo co que finalizou contrato onte.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores