Noticias
27 de xuño de 2019
Luisma tamén se apunta ao Pescados Rubén de Primeira
Luis Martínez Somalo, Luisma, tamén formará parte do Pescados Rubén Burela FS no seu regreso a Primeira LNFS. O pivote logroñés, unha das pezas fundamentais na reconversión da filosofía laranxa ao longo destas dúas últimas tempadas, cumprirá a súa terceira campaña nas filas mariñás.

O 6 burelista, de 30 anos, referenda a aposta por un bloque que tamén contará con Matamoros, Iago Míguez, Lucho ou as Xoias Laranxas Renato e Pitero, con contrato en vigor, e a renovación de Pope, ademais das chegadas de Álex Diz, desde Osasuna Magna, ou Everton, desde Santiago Futsal.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores