Noticias
25 de xuño de 2019
Recta final das Nosas Xoias
As Xoias Laranxas xa están na recta final antes das vacacións, con viaxe tras viaxe. Marín, no Torneo Antonio Suárez, foi o destino da fin de semana para Cadetes e Xuvenís, co título de campión para os máis maiores, despois de impoñerse ao Movistar Inter nos penaltis, con 2-2 no tempo regulamentario.

Benxamín A e Alevín A tamén puideron gozar do Torneo de Betanzos a semana pasada e o Infantil desprazouse a Salamanca hai dúas.

Despedida co Heroes do Orzán

A base do Pescados Rubén Burela FS tomará o máis que merecido descanso estival co comezo de xullo co broche do Memorial Heroes do Orzán 2019, da Fundación Imdecum, participando nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores