Noticias
21 de xuño de 2019
Recoñecemento das Campioas no Concello
O Concello de Burela quixo recoñecer o éxito máis recente do Pescados Rubén Burela FS, a I Copa de SM A Raíña, esta mañá nunha recepción oficial. O acto contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, que fixeron entrega a xogadoras e corpo técnico dun recordo da gran conquista. A escuadra estivo acompañada polo presidente da entidade, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores