Noticias
19 de xuño de 2019
Nito asina tres tempadas co Pescados Rubén e irá cedido a Santiago en 2019-20
O ala-peche Néstor Valle Gómez, máis coñecido como Nito, dará o salto ao fútbol sala sénior vinculándose ao Pescados Rubén Burela FS para as tres vindeiras tempadas. O presidente, Manuel Blanco Fanego, e a Xoia Laranxa pecharon o acordo, explicando que o futuro inmediato do xogador estará nas filas do Santiago Futsal, en calidade de cedido, en 2019-20.

O ata agora xuvenil, que puido gozar nesta última tempada non só de compartir vestiario e traballo co equipo campión de Segunda LNFS senón tamén de catro experiencias internacionais con España Sub-19, amosouse moi motivado con este novo reto: “Estou moi ilusionado e moi agradecido ao club por darme esta oportunidade de seguir formándome no fútbol sala e de contar comigo. Espero facer as cousas ben, con minutos, nesta etapa en Segunda División. Non será todo novo para min en Santiago; xa coincidín con algún xogador na selección e coñezo a moitos outros” explicaba o laranxa, que vivirá a súa primeira experiencia fóra da estrutura burelista.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores