Noticias
18 de xuño de 2019
Xoves 20, cea de celebración coas Raíñas
Xa está todo a punto para a gran cea de celebración coas novas Raíñas. O Pescados Rubén Burela FS despedirá a tempada este xoves, día 20, cunha cea no Hotel Nordés (21.30 horas), na que as Guerreiras Laranxas poderán festexar coa afección a última xesta, a I Copa de SM A Raíña.

Todas as persoas interesadas poden reservar o tícket no Nordés, ao prezo de 25 euros, ata mañá, mércores 19, ás 15.00 horas.

Menú: 25 euros

Patacas ao pobre con xamón, croquetas caseiras, chipiróns fritos, lagostinos á prancha e solombo de porco.
Bebida (Rioja, Albariño, cervexa, refrescos…), postre caseiro, café e chupito.

Menú infantil (ata 12 anos): 15 euros


Agardámosvos o xoves 20!!! Facendo Historia!!!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores