Noticias
13 de xuño de 2019
Axenda das Nosas Xoias
A Escola Deportiva do Pescados Rubén Burela FS pechará esta tarde o curso 2018-19 coa gala de clausura, pero non a súa axenda. As Nosas Xoias gozarán de compromisos ata finais de mes, co broche do Memorial Heroes do Orzán 2019 (A Mariña, 26-30 de xuño) da Fundación Imdecum.

Tras o divertido Torneo das Pontes da fin de semana pasada na que participaron Benxamín A e Alevín B e C, esta semana para o equipo Infantil o destino será o V Torneo Internacional Ciudad de Salamanca.

Final da Copa Galega DH Xuvenil
Despois de impoñerse a fin de semana pasada ao Leis Pontevedra nos penaltis (3-3), o Xuvenil disputará agora a fase final da Copa Galega na cidade herculina, co 5Coruña como primeiro obstáculo para revalidar o título.

Polideportivo Municipal Novo Mesoiro
Sábado 15 de xuño de 2019


Semifinal 1: 17:00 horas
EDM Concello de Guitiriz - Santiago Futsal

Semifinal 2: 19:00 horas
Pescados Rubén Burela FS - Academia Red Blue 5 Coruña

Domingo16 de xuño de 2019


Final: 18:00 horas
Vencedor Semifinal 1 - Vencedor Semifinal 2
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.