Noticias
5 de xuño de 2019
O ala Everton súmase ao Pescados Rubén
O ala Everton Luiz Ferreira Araújo formará parte do Pescados Rubén Burela FS en 2019-20. O brasileiro, procedente do Santiago Futsal, sumarase ao proxecto de Primeira, como segunda incorporación xunto ao ala lugués Álex Diz. “Cando me xurdiu a oportunidade non o dubidei nin un momento; estou seguro de que nos espera algo moi bonito neste novo proxecto” explicaba o novo laranxa.

Everton (Penha-Brasil, 1996) recalou nas filas do B. Juan Gil Jumilla FS en 2015 desde ElPozo Murcia e disputou as últimas dúas tempadas en terras galegas, cos composteláns, en Primeira e Segunda LNFS. Coa súa chegada, a estrutura laranxa engadirá un xogador máis con mocidade e proxección, con gol e potencia física.

O novo xogador laranxa, que se atopa de vacacións na súa terra natal, será presentado oficialmente ao seu regreso.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores