Noticias
30 de maio de 2019
As Guerreiras Laranxas, nas aulas do IES Monte Castelo
As Guerreiras Laranxas visitaron esta mañá o alumnado de 1º ESO do IES Monte Castelo de Burela, dentro do programa de 'Descubre o Fútbol Sala'. Jozi, Lara Balseiro, Popó, Cami, Alves e Ana Romero compartiron dúas sesións de adestramento de fútbol sala xunto aos estudantes e animarónos a gozar da próxima gran cita que acollerá a vila mariñá, coa Copa de SM A Raíña, reunindo os 8 mellores equipos de Primeira RFEF, entre o 14 e o 16 de xuño (Vista Alegre).
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores