Noticias
27 de maio de 2019
O gaditano Géminis, rival dos Xuvenís Laranxas na Copa de España
O Pescados Rubén Burela FS Xuvenil conseguiu a súa clasificación para Copa de España como segundo do Grupo I da Liga de División de Honra e como dos seis mellores da categoría nesta praza. Disputará a primeira eliminatoria este sábado, na pista do gaditano Géminis (18.15 horas, polideportivo Centro Histórico). Así se coñeceu hoxe, no sorteo celebrado en Las Rozas.
En total, son 16 equipos clasificados. Os 10 primeiros de cada grupo da fase regular e os 6 mellores segundos, tendo en conta o seu coeficiente.

As eliminatorias desta fin de semana vanse a disputar a partido único. E os emparellamentos son os seguintes:

PARTIDOS ELIMINATORIA
GÉMINIS C.D. – PESCADOS RUBÉN BURELA F.S. 1
F.C. BARCELONA - U.D. LAS ROZAS BOADILLA 2
C.D. MARISTAS VALENCIA - ARTEVIRGO LA ALDEA 3
C.D. XOTA F.S. - C.D. TENERIFE IBERIA TOSCAL 4
C.F.S. COLO COLO - C.D. MURCIA F.S. MEDITERRÁNEO 5
F.S. VIGO 2015 - ALJUCER F.S. EL POZO 6
C.D. SEGOVIA FUTSAL - A.D. SAN JUAN 7
CIUDAD DE MÓSTOLES - A.D. Nª Sª DEL PILAR 8


Ademais, o cadro confeccionouse de tal xeito que xa se coñecen os cruzamentos dos oitos equipos que van formar parte da fase final, que se disputará no Pavillón da Cidade do Fútbol de Las Rozas, durante o fin de semana do 7, 8 e 9 de xuño.

Información adxunta
Documentos relacionados:
72 KB
Información Copa de España
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores