Noticias
25 de maio de 2019
Peque, Trofeo Sandoz á Mellor Xogadora 2018-19
A pichichi burelista Patricia González Mota, Peque, foi recoñecida esta tarde co Trofeo Sandoz á Mellor Xogadora da tempada 2018-19, coa valoración xornada a xornada de adestradores rivais, prensa e afección.

O xerente de Kessarys Joyeros, Jorge Orosa, acompañado de Manuel Blanco, fixo entrega do premio, un reloxo de pulseira.

A internacional española fíxose coa primeira praza do ránking de mellor valoradas coa puntuación de 28 xornadas; completan a lista, por esta orde, Dany, Cristina, Cilene, Cami, Ana Romero, Jozi, Luci, Jenny, Alves, Claudia, Lara Balseiro, Bea Mateos e Popó.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores