Noticias
24 de maio de 2019
A Bomboneira coñecerá este sábado a Mellor Xogadora 2018-19
Sandoz e Kessarys Joyeros darán a coñecer este sábado a identidade da Mellor Xogadora do Pescados Rubén Burela FS de 2018-19. A gañadora recibirá como premio un reloxo antes do inicio fronte UA Alicante, na clausura de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo na Bomboneira, na penúltima xornada da competición regular.

Coa valoración de adestradores, prensa e afección, xornada a xornada, figuraron entre as primeiras prazas do ránking ao longo da tempada Peque, Dany, Cristina, Cilene, Ana Romero ou Cami.

Quen será a Mellor Xogadora 2018-19? Mañá saberémolo ás 18.00 horas.

Edu, mellor dos de Juanma Marrube

En Segunda LNFS, Edu foi recoñecido como o mellor dos de Juanma Marrube, que recibiu o seu obsequio na úlitma xornada de liga, o pasado 4 de maio, de mans do xerente de Kessarys Joyeros, Jorge Orosa, e do presidente laranxa, Manuel Blanco.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores