Noticias
22 de maio de 2019
Ven divertirte con nós!!! Xornadas de portas abertas na Escola Laranxa
A Escola do Pescados Rubén Burela FS realizará xornadas de portas abertas a partir da vindeira semana para tod@s @s nen@s que queiran achegarse máis ao fútbol sala, entre as categorías Biberón e Cadete, e de forma totalmente gratuíta.

O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela), a través do número 982581815 ou en escuelasburelafs@gmail.com

Data límite de inscrición (prazas limitadas)

-De Biberón (nad@s en 2013-14) a Benxamín: Ata o mércores 29 de maio (ás 14.00 horas)

-De Alevín a Cadete: Ata o venres 7 de xuño (ás 14.00 horas)


Períodos de adestramentos


-De Biberón a Benxamín: Dende o xoves 30 de maio ata o martes 11 de xuño

-De Alevín a Cadete: Dende o mércores 12 de xuño ata o martes 25 de xuño
Documentos relacionados:
51 KB
Formulario Xornada de Portas Abertas Maio-Xuño 2019
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores