Noticias
22 de maio de 2019
Sandoz, o mellor agasallo para os Campións
Os Campións de Segunda LNFS foron obsequiados co mellor agasallo na clausura da tempada, coincidindo coa Festa de Primeira coa afección, a semana pasada. A marca Sandoz, en colaboración con Kessarys Joyeros e o Pescados Rubén Burela FS, recoñeceu a gran xesta dos pupilos de Juanma Marrube cun reloxo personalizado. Xogadores e corpo técnico recibiron cadanseu presente de mans do presidente laranxa, Manuel Blanco, e do xerente de Kessarys, Jorge Orosa. Rubén Blanco e Cesarina Fanego tamén foron obsequiados, como presidentes de honra.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores