Noticias
16 de maio de 2019
Recoñecemento ás Campioas Galegas
As Guerreiras Laranxas foron recibidas esta mañá no Concello de Burela en recoñecemento ao seu último título, a XIII Copa Galicia, coa que se alzaron o pasado 21 de abril na Coruña. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, obsequiaron a xogadoras e corpo técnico cuns detalles conmemorativos do quinto galardón irmandiño que loce na vitrina laranxa. O presidente do club, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego, acompañaron o Pescados Rubén Burela FS no acto.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores