Noticias
26 de marzo de 2019
Fernando Yanes, en pugna polo Nacional Infantil con Galicia
A Xoia Laranxa Fernando Yanes porá rumbo nas próximas horas a Almería para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas defendendo a Galicia. A expedición irmandiña partirá hoxe pola noite desde Lugo, xunto ao combinado feminino infantil, con campionato paralelo en Santa María del Águila e Vícar.

Galicia debutará o xoves ante Castela e León, 12.30 horas (pavillón de Dalías). O resultado determinará o camiño do resto do campionato; se Galicia perde xogaría de novo o xoves ás 19.00 horas contra Estremadura. Se gaña, o rival sería o mesmo, malia que o segundo enfrontamento sería o venres 29 ás 12:30 horas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores