Noticias
15 de marzo de 2019
Tres puntos con obxectivos diferentes
As Guerreiras Laranxas visitarán a pista do Leganés Masdeporte FSF este sábado na xornada 21 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, con tres puntos en xogo de obxectivos diferentes, entre a defensa do liderado do Pescados Rubén Burela FS (57 puntos) e a duodécima praza das madrileñas (16 puntos), intentando afastarse dos postos de perigo. A cita arrincará ás 18.00 horas no pavillón municipal de La Fortuna.

“Foi unha semana dura, estamos adestrando moito para facer un bo partido o sábado. Temos que manter o noso ritmo para agarrar eses tres puntos e que o obxectivo da primeira praza siga de momento intacto” advería Tais Alves, logo da importante vitoria ante Jimbee Roldán (3-2) nunha cita sufrida.

A de Julio Delgado e Lucas viaxan con cautela á pista do Leganés, un rival que quererá acabar coa etapa de tres xornadas sen puntuar (Ourense Envialia 3-1, Jimbee Roldán 3-7 e UCAM 6-3), unha das peores da tempada, aínda que as mariñás tamén ten que puír erros: “En Leganés esperamos poder manter a nosa intensidade en todo o encontro, que non se repita o baixón da semana pasada na segunda parte, para non sufrir. A domicilio os encontros sempre son difíciles, por iso temos que manter concentración plena” explicaba a ala brasileira.

A expedición, sen Cilene nin Cristina -por lesión-, partirá este mediodía, ás 14.30 horas, con rumbo a terras madrileñas.

Convocatoria Leganés Masdeporte: Sandra, Chuli, Lucía, Elisa, Marina Pinteño, Patri, Saki, Ampi, Laura Uña, Mali, Bea Torija, Elena Aragón

Expedición Pescados Rubén Burela FS. 1. Jozi, 3. Dany, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 18. Popó, 19. Luci


A tres, segue o Futsi

Seguindo o ronsel das laranxas, o Futsi (54 puntos), visitará ao penúltimo da táboa, Sala Zaragoza.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores