Noticias
14 de marzo de 2019
Cristina terá que pasar polo quirófano
As sensacións de Cristina non eran nada boas tras a lesión do sábado ante Jimbee Roldán e as probas confirmárono; a internacional do Pescados Rubén Burela FS terá que pasar polo quirófano. A resonancia magnética realizada o martes indica que a pivote laranxa sofre rotura de ligamento cruzado anterior e rotura parcial de ligamento colateral medial.

Os servizos médicos do club burelista valorarán esta semana xunto á xogadora a data de intervención e os seus posteriores prazos de recuperación, cun mínimo de 6-8 meses.


Moito ánimo Cris. Toda a Familia Laranxa está contigo!!!!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores