Noticias
15 de xaneiro de 2019
Aínda non formas parte da Alma de Campións? Arrinca a Campaña de Abonos de Media Tempada
O Pescados Rubén Burela FS xa abriu a campaña de media tempada, co 50% de desconto nos seus abonos de socio/a. Podes formar parte da Alma de Campións, da Bancada que arroupa os actuais líderes de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo e de Segunda LNFS; poderás ser testemuña de luxo da tempada máis ambiciosa da Familia Laranxa nesta segunda volta dos equipos feminino e masculino.

Achégate xa á sede burelista (avenida Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) para facer o teu carné e gozar do mellor espectáculo ata o mes de xuño.

Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.00//16.00-19.00) e venres (10.00-14.00).

Abonos Media Tempada 2018-19

Individual: 40 euros
Familiar: 70 euros
Xubilado: 25 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 13 euros
Menores de 18 anos: Gratuíto
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores