Noticias
8 de decembro de 2018
Os de Juanma Marrube aférranse ao liderado con festa goleadora irmandiña (2-9)
Unha xornada máis e xa son 13 os mariñáns mantéñense imbatibles. O Pescadso Rubén Burela FS aferrouse ao liderado cun trepidante derbi irmandiño que acabou en festa goleadora para os laranxas (2-9), encamiñando a vitoria xa na primeira parte con vantaxe de 0-5.

Renato, no minuto 2, e Pope, no 8, marcaron a senda dunha gran primeira parte, cun Pescados Rubén moi superior, compacto e con calidade en definición. Carlos no 13 evitou o terceiro dos mariñáns e chegou a oportunidade do Noia en dobre penalti, por partida dobre, gañado o primeiro por Edu fronte a Cristian e o segundo cun disparo de Quilez que se foi fóra. Non aproveitaron os de Marlon Velasco e apareceu Juanfran para anotar o terceiro no 14, que ampliou Matamoros tan só un minuto despois nunha contra letal. Chegou o terceiro dobre penalti dos locais con Edu de novo como muro e Juanma Marrube optou polo porteiro xogador para os tres últimos antes do descanso. Os da casa responderon coa mesma aposta e outra vez aproveitou o Burela, cunha recuperación de R. Vargas que selou o 0-5.

Noia puido cambiar o escenario no regreso, aos 30 segundos do reinicio, con Juan Puertas nunha recuperación. Con todo, o Pescados Rubén non cedeu terreo e R. Vargas volveu ampliar a fenda, no 23. Antes da medianía do segundo acto, o sétimo dos laranxas chegou en propia porta de Juan Puertas. Tras a amarela a Xuxa, no 33, Matamoros non defraudou desde os dez metros para subir o 1-8. No 34 sumouse o Burela á acumulación de faltas. Porto, no 36, tivo o noveno nas súas zapatillas cun dobre penalti que freou Carlos. O meta noiés volveu frear a embestida do Pescados Rubén pero nada puido facer ante Lucho, no 37. No 38, Noia conseguiu reducir a gran desvantaxe do marcador cun dobre penalti transformado por Antoñito.


Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Carlos, Marci, Cristian Chao, Juan Puertas, Dani Colorado, cinco inicial; tamén xogaron Palmas, Quique, Quilez, Xuxa, Antoñito

Pescadso Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Renato, Pope, R. Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Pitero, Hélder, Porto, Juanfran, Matamoros

Goles: 0-1, minuto 2, Renato; 0-2, minuto 8, Pope; 0-3, minuto 14, Juanfran; 0-4, minuto 15, Matamoros; 0-5, minuto 19, R. Vargas; 1-5, minuto 21, Juan Puertas; 1-6, minuto 23, R. Vargas; 1-7, minuto 28, Juan Puertas (p.p.); 1-8, minuto 33, Matamoros (d.p.); 1-9, minuto 37, Lucho; 2-9, minuto 38, Antoñito (d.p.)

Árbitros: Bravo Sarango // Medina Herrera (Navarra). Por Noia amarela a Dani Colorado, Xuxa (minuto 33), Antoñito.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Segunda LNFS disputado en Noia, no pavillón Agustín Mourís.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores