Noticias
22 de outubro de 2018
O reto de medirse a un Histórico (Copa do Rei, martes 23, 21.00 horas)
O equipo de Juanma Marrube volve ao parqué de Vista Alegre mañá, estreando o cumio clasificatorio, coa segunda eliminatoria de Copa do Rei, coa visita do Osasuna Magna (21.00 horas), de Primeira LNFS. “Queremos seguir medrando. Para nós é un reto bonito, un aliciente, enfrontarnos a un histórico da Liga Nacional. Temos que ser valentes, e máis xogando na casa” aseguraba o técnico do Pescados Rubén Burela FS.

A expedición laranxa regresou onte pola mañá da pista do Betis, na que lle arrebatou o liderado de Segunda. Pola tarde, o equipo tivo unha sesión rexenerativa no Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro e esta tarde volveu aos adestramentos: “Non somos un equipo acostumado a xogar dúas veces por semana, vimos dunha viaxe moi longa, dun partido moi esixente. Con todo iso non é o mellor día, pero a fortaleza mental do resultado en Sevilla pode axudar a enfocar ben este partido”, explicaba o alfocego.

Os burelistas recibirán a un equipo en proceso de cambio con xogadores de vertixe, que ocupa a décimo terceira praza empatado a puntos precisamente co Parrulo, ao que se mediu esta fin de semana, repartindo puntos (2-2). “O Magna ten unha identidade moi clara e asentada, de traballo e de como xogar. É un rival moi duro, aínda que este ano está nun proceso de transformación, de facer equipo, coa gran ausencia de Eseverri e moitas incorporacións” analizaba así o Mariskal o equipo de Imanol Arregui, que saltará mañá ao mausoleo laranxa, co regreso do ex-burelista Chino, “un xogador con pegada, gol, que ten un contra un”, matizaba o técnico mariñán, aludindo tamén a outro dos novos, Álex Diz, dende Santiago Futsal, e sobre todo ao potencial que achegan xogadores como Binho, Rafa Usín ou Eric Martel.

A cita copeira chega nunha semana de arrecendo irmandiño. “Para nós será o adestramento forte da semana, co aliciente de que é un rival ao que nunca lle gañamos. Viranos moi ben tamén de cara á liga e ao próximo compromiso, con outro rival duro e esixente” valoraba así Juanma Marrube o test antes do derbi galego que medirá os mariñáns e o Santiago Futsal na xornada 7 (sábado 27, 20.00 horas, TVG2).

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS:1. Edu, 4. Lucho, 5. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 18. Adilson, 23. Imanol, 30. Hélder

Convocatoria Osasuna Magna:
1 Asier, 3 Juninho, 8 Roberto Martil, 9 Dani Saldise, 10 Rafa Usín, 11 Iribarren, 13 Eric Martel, 15 Llamas, 17 Bynho, 19 Edu, 20 Alex Diz, 22 Chino


Venda anticipada


A venda anticipada pecharase mañá ás 14.00 horas, na sede laranxa. A taquilla de Vista Alegre estará aberta dende as 20.00 horas. Con cada consumición no bar da Bomboneira, os afeccionados/as poderán saborear un delicioso bocadillo de chourizo á grella.


Soci@s Adult@s: 3 euros
Non Soci@s Adult@s: 12 euros
Menores de idade: Gratuíto



Emparellamentos de 1/16 de Copa do Rei


CD Leganés FS – Naturpellet Segovia
Tenerife Iberia Toscal – Palma Futsal
Gran Canaria FS – BeSoccer CD UMA Antequera
Córdoba CF Futsal – Viña Albali Valdepeñas
Software DELSOL Mengíbar – Jimbee Cartagena FS
Pescados Rubén Burela – CA Osasuna Magna
Santiago Futsal – Aspil-Vidal Ribera Navarra
Noia Portus Apostoli – O Parrulo Ferrol
Nueva Elda – Levante UD FS
Rivas Futsal – ElPozo Murcia
Manresa FS – Fútbol Emotion Zaragoza
Palleja FS – Industrias Santa Coloma
CCR Club Esportiu – Peñíscola RehabMedic
Real Betis Futsal-Jaén Paraíso Interior
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores