Noticias
19 de outubro de 2018
Duelo de contrastes en Vista Alegre
Vista Alegre será o escenario este sábado dun duelo de contrastes en Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, na xornada 4. O Pescados Rubén Burela FS, líder con 9 puntos e empatado con Penya Esplugues, recibirá o Guadalcacín FSF (18.30 horas), pechando a clasificación e sen puntuar ata o momento.

As andaluzas recalarán na Mariña cun arranque costa arriba, tras as derrotas ante Móstoles (9-2), Leganés (1-7) e Roldán (2-5). “É un rival que aínda non puntuou pero creo que vai ser un partido complicado. Xa demostraron o ano pasado nesta categoría que é un equipo moi competitivo e creo virán a Vista Alegre dispostas a poñernos as cousas difíciles”, advertía a coruñesa Luci, incidindo na concentración do seu equipo. “A nosa dinámica foi a mesma esta semana, traballando a táctica do partido”.

O Pescados Rubén buscará nesta nova cita seguir firme no camiño. “Logo das vitorias fronte a dous ascendidos, que teñen que coller aínda o ritmo de competición, o triunfo ante un equipo consolidado como é Móstoles e na súa casa refórzanos no noso traballo. Comezar ben a liga, con 9 puntos, dános moita confianza. Malia as lesións, con Bea e agora Peque e Cami, estamos facendo un traballo serio e iso estanse notando nos partidos e na clasificación” aplaudía así a 19 burelista a evolución da escuadra mariñá, confiando en dar o mellor para que este sábado os tres puntos queden na casa.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris, 5. Cristina, 6. Cilene, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 18. Claudia, 19. Luci


Chamamento de Seleccións


Luci e Cristina serán as dúas representantes do Pescados Rubén Burela FS na concentración da próxima semana da Selección Española en Murcia: “Tiven a oportunidade de gozar de todas as convocatorias a tempada pasada; púxenme moi contenta ao recibir a noticia, unha vez máis. Estou moi ilusionada e máis habendo unha final dun Europeo preto. A Cris coñecina na selección e agora seremos as dúas as que representemos o Burela alí, xa que Peque finalmente non pode ao estar lesionada” explicaba con nervios Luci. O equipo de Julio Delgado e Lucas tampouco contará para os adestramentos da próxima semana con Jenny, convocada por Portugal para os amigables con Eslovenia en Madeira.

As tres burelistas incorporaranse á expedición laranxa o xoves para preparar en complicado desprazamento de Roldán.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores