Noticias
2 de outubro de 2018
Ana Romero: 'É moi importante que sigamos co ritmo que marcamos na Coruña'
O Pescados Rubén Burela FS de 2018-19 estrearase este sábado en Vista Alegre, na segunda xornada de liga coa visita do AD Sala Zaragoza (18.30 horas): “Temos moitas ganas de xogar xa na casa, coa nosa afección. Chega un acabado de ascender, pero non nos podemos confiar; é moi importante que sigamos co ritmo que nos marcamos o partido pasado” advertía a meta Ana Romero, tras o grande inicio na pista do Viaxes Amarelle FSF (0-6).

“Foi un partido moi bo. Tiñamos ganas de competir e así o demostramos. Foi un partido moi completo a nivel grupal e non tivemos moito traballo na portería” así de contenta se mostraba a 12 laranxa no comezo da que será a súa terceira tempada na Mariña.

A murciana compartiu responsabilidades baixo paus con Jozi cun acto para cada unha: “Había moita emoción porque era o primeir partido despois dun mes de pretempada, e sendo así, aínda que xogamos durante este mes varios amigables, no primeiro partido oficial séntense uns nervios diferentes. Foi especial e bonito”, confesaba Ana Romero, agradecendo o apoio da afección burelista na Coruña: “Sentímnos moi preto da casa porque a bancada era practicamente laranxa”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores