Noticias
28 de setembro de 2018
Pitero: 'Xogamos contra o actual campión, pero queremos estrear a vitoria diante da nosa afección'
“O equipo chega ben, temos un gran grupo e a dinámica de traballo é boa. Sabemos que será unha cita moi difícil, xogamos contra o actual campión de liga, pero queremos estrear a vitoria diante da nosa afección” así de contundente e optimista se amosaba o benxamín do Pescados Rubén Burela FS, Christian Rivas, máis coñecido como Pitero na véspera da xornada 3 de Segunda LNFS, coa visita de ElPozo Ciudad de Murcia a Vista Alegre (sábado 29, 18.30 horas). Con 2 puntos na súa cuadrícula e tras o meritorio empate na pista do Software DELSOL Mengíbar (1-1) da semana pasada, o conxunto laranxa recibirá a artillería do filial de ElPozo, nun grande inicio de liga, tras a goleada 0-10 con Tenerife e o empate con Real Betis Futsal (2-2). Para a gran cita, Luisma e Porto poderán estrearse en liga, tras cumprir a sanción de dous partidos de 2017-18. Con eles, Juanma Marrube disporá de todo o vestiario, a excepción de Iago Míguez, que continúa evolucionando dunha tendinopatía rotuliana do xeonllo esquerdo. Neste compromiso, Pitero volverá ser unha das 12 pezas da engrenaxe do Mariskal nunha recta inicial ligueira, na que a Xoia Laranxa se adaptando á perfección, con moitos minutos: “Estou moi feliz. Xa tivera a oportunidade de adestrar o ano pasado con equipo sénior, aínda que era xuvenil, e está sendo todo como esperaba. O grupo acolleume moi ben e está sendo unha experiencia moi bonita. Síntome un máis do equipo, tamén teño a compañeiros xuvenís que están adestrando con nós, como Nito, Aarón ou Adilson” explicaba o 9 burelista, agradecendo a axuda que lle están brindando os xogadores máis veteranos e, sobre todo, Juanma Marrube: “Estou traballando e dando o mellor de min e o adestrador estame dando oportunidades que intento aproveitar ao máximo. Espero aprender e medrar como xogador e intentar conseguir o obxectivo de todos, volver a Primeira”, concluía o ala-pivote burelao. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Lucho, 5. Luisma, 7. Porto, 9. Pitero, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 23. Imanol, 30. Hélder Convocatoria ElPozo Ciudad de Murcia: 2. Nacho, 3. Josema, 4. Gambín, 15. Guillamón, 16. Jose Mario, 19. Shimizu, 22. Ricardo, 24. Ismael, 28. Cobarro, 34. Paniagua, 36. Sanabria, 38. Cámara Zona Laranxa Infantil Os afeccionados máis pequenos poderán ir quentando motores cos xogos da Zona Laranxa Infantil, á entrada de Vista Alegre.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores