Noticias
1 de setembro de 2018
Os composteláns impóñense ao Noia (2-1) na loita polo terceiro posto
O Santiago conseguiu chegar ao ecuador con vantaxe de 0-1, nun disparo de Everton no minuto 7, que Zequi tan só tivo que empurrar ao bordo da liña de meta. Moita fame de gol e moita rivalidade se respirou na loita polo terceiro e cuarto posto do Burela Bonita, cos dous metas ex do Burela, Iago Barro e Brais, como protagonistas. O Noia apostou por porteiro xogador na busca da igualada ao descanso, nos últimos segundos.

Brian subiu o 2-0 no minuto 25, en xogada ensaiada, tras un reinicio do encontro con continuas idas e vidas no parqué de Vista Alegre. Sen recompensa en ataque, foi pola remontada o cadro de Julio Mougán con xogo de cinco con tres minutos e medio por diante, abandeirado por Nene; antes o viveirense Christian Chao puido acurtar distancias co esférico paseándose por diante do seu paisano Iago Barro. No 39, Marci atopou o 2-1, ao segundo pau, e seguiu o Noia con porteiro-xogador aínda que Isma tamén a punto estivo de anotar a porta baleira. A bucina soou na Bomboneira cun mísil de Christian que se estrelou contra a defensa compostelá.


Ficha técnica


Santiago Futsal: Iago Barro, Alberto, Dani Zurdo, Isma, Adrián Rodríguez, cinco inicial; tamen xogaron Seijas, Everton, Dani Blanco, Brian, Zequi

Noia Portus Apostoli: Brais, Iván Beltrán, Christian, Dani Colorado, Juan Puertas, cinco inicial; tamén xogaron Sergio Quilez, Marci, Nene, Xuxa, Quique, Jorge Bello, Yago Balsa

Goles: 1-0, minuto 7, Zequi; 2-0, minuto 25, Brian; 2-1, minuto 39, Marci

Árbitros: Feliz Otero // Cardero Rodríguez (Ourense). Por Santiago, amarela a Adrián Rodríguez, Dani Zurdo. Por Noia amarela para Sergio

Incidencias: Partido correspondente ao terceiro e cuarto posto do III Torneo Burela Bonita, disputado en Vista Alegre ante uns 400 afeccionados/as.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores