Noticias
10 de xullo de 2018
A internacional Luci, segunda novidade para 2018-19
A ala internacional Lucía Gómez González (A Coruña, 1992) chegou a un acordo co Pescados Rubén Burela FS para formar parte do equipo laranxa a próxima tempada. Procedente do Ourense Envialia, Luci convértese na segunda novidade do cadro de 2018-19, co regreso de Patricia González, Peque, para achegar calidade individual e habilidade táctica.

A coruñesa, de 26 anos, incorporarase á Familia Laranxa logo de dúas tempadas no conxunto ourensán, como campioa de Copa de España 2017, e tras un gran ano coa Selección Española Absoluta, despois da súa estrea en outubro de 2017, en Portugal, e de disputar o Torneo IV Nacións de Guadalaxara e o de Moscova. Formada na Escola Sal Lence e Viaxes Amarelle da cidade herculina, Luci tamén defendeu a camisola do Lacturale Gurpea Orvina entre 2014 e 2016.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores